Pilar Rodríguez, escollida presidenta dos libreiros de Galicia

Manuel Bragado renova como presidente dos editores galegos

2/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tempada de eleccións no sector do libro en Galicia. Pilar Rodríguez, da Libraría Padre Feijóo de Ourense, foi escollida Presidente da Federación de Libreiros de Galicia, tralas eleccións celebradas o sábado 30 de xuño. O vicepresidente será Xosé Antón Pedreira Mirás, da libraría compostelana Pedreira. E o xoves pasado, 28 de xuño, os editores galegos reuníronse na súa asemblea e acordaron a renovación parcial da súa directiva e a incorporación como novo socio do selo compostelá Dardo Editorial, especializado en arte e arquitectura. Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, repetirá como presidente da asociación.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Bragado, Editores, Arquitectura, Edicións Xerais...