A edición en galego vai diminuír ata fin de ano

Manuel Bragado, presidente dos editores, anuncia un 20% menos títulos na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Menos títulos e tiraxes máis axustadas. Este é o panorama da edición en lingua galega ata final de ano, segundo declarou Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores e director de Edicións Xerais, na Feira do Libro da Coruña. Nas súas declaracións a La Voz de Galicia que tamén recolle o web da Asociación de Editores, apunta un descenso de "como mínimo" o 20% no número de títulos publicados na nosa lingua ata final de ano. Ao tempo, e a coincidir con Víctor Freixanes de Galaxia, sinala que as tiraxes son menores do que noutros anos, e que a crise está a repercutir de xeito especialmente intenso nas librarías.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Manuel Bragado, Feira do Libro, Lingua galega...