A editoras galegas reducen as súas tiraxes e denuncian desatención por parte da Xunta

Un Día do Libro máis, menos exemplares

Mil catrocentos títulos cunha media de dous mil exemplares por cada obra. As cifras de edición do último ano en Galicia amosan unha drástica diminución das tiraxes que se realizan no noso país. Editores como Víctor Freixanes e Manuel Bragado reclaman unha maior atención da Xunta ao sector do libro ante a crise actual, e denuncian que o goberno galego deixou de lado esta industria para favorecer o audiovisual.

Máis información en
O Correo Galego