O selo Planeta & Oxford presenta os seus primeiros seis títulos en galego a cargo de autores autóctonos

O Camaleón que se le

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Con seis libros en galego de escritores e ilustradores autóctonos presentouse en Santiago o selo editorial Planeta & Oxford dirixido ao lector infantil. Na colección Camaleón dirixida a rapaces de entre seis e doce anos a través das series amarela, laranxa ou verde, aparecen obras de Juan Farias, Xoán Babarro, Fina Casalderrey, Ana María Fernández e Xosé Antón Neira Cruz por partida dobre. Entre os ilustradores a colección conta con Ánxeles Ferrer, Jacobo Fernández, Kiko da Silva e Xan López Domínguez entre outros. O selo creado da unión entre Oxford University Press e o Grupo Planeta editará a estes autores en galego e tamén en catalán e castelán, e está prevista tamén a publicación en éuscaro. Segundo as representantes do selo este nace coa vocación de chegar a todas as aulas do país preparados de acordo cun plan de lectura para o que inclúen materiais adicionais cos que traballar nas clases.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juan Farias, Ana María Fernández, Xan López Domínguez, Ánxeles Ferrer...