A editorial Planeta anuncia a súa entrada no mercado galego de literatura infantil e xuvenil con seis obras

Galicia Planeta xuvenil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xosé Neira Cruz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro, Juan Farias, e Ana María Fernández son os autores cos que a editorial planeta entrará no mercado da literatura infantil e xuvenil en galego o vindeiro mes de abril. O lanzamento consistirá en seis obras do selo Planeta&Oxford no noso idioma que irán destinadas aos lectores de entre seis e dez anos. As obras que prevé editar esta empresa en galego serán unha mestura de títulos orixinais e de traducións de obras xa publicadas. Tamén se confirma a saída en galego para este mesmo mes da novela “Anxos e Demos” de Dan Brown por conta de El Aleph Editores. Esta firma xa entrara no noso mercado coa edición de “O código Da Vinci” deste mesmo autor.

Máis información sobre o selo Planeta&Oxford no web da editora; sobre El Aleph en Lg3

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Juan Farias, Ana María Fernández, Fina Casalderrey...