Neira Cruz gaña o Premio Lazarillo de Creación Infantil e Xuvenil ante cento vinteoito obras das diversas linguas estatais

A Berenguela e o Lazarillo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A obra de Xosé Antón Neira Cruz “A noite da raíña Berenguela” fíxose co galardón outorgado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil – OEPLI- entre as cento vinteoito obras presentadas en catro linguas cooficiais españolas. O premio Lazarillo de Creación está dotado con sete mil seiscentos euros, e Neira Cruz é o quinto escritor galego que recibiu este premio nalgunha das súas modalidades, xa que antes tamén o gañaron Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Gloria Sánchez e Ana María Fernández, alén doutros galegos que recibiron accésits. O certame ten como obxectivo estimular a produción de libros destinados ao público infantil.

Máis información en Galicia Hoxe
Ficha en Lg3 de Xosé A. Neira Cruz

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana María Fernández, Gloria Sánchez, Xosé A. Neira Cruz, Xosé Antón Neira Cruz...