Coa súa primeira obra poética “É/oco habitado” o escritor compostelán Xosé Antón Neira Cruz ven de gañar o premio convocado polo Concello de Sarria e a asociación cultural Ergueitos. O xurado da sétima edición deste premio acordou por unanimidade esta elección de entre as cincuenta obras presentadas. O coñecido autor de literatura infantil e xuvenil recollerá o premio de 3.000 euros o vindeiro 21 de abril A obra será publicada por Espiral Maior. En Valencia a autora pontevedresa de literatura en castelán Susana Fortes resultou gañadora da 18ª edición dos Premio da CrÃtica Valenciana pola súa novela “El Azar da Laura Ulloa”, na que relata a historia dunha familia da nobreza rural galega.
Máis información en Galicia Hoxe