O mestre, poeta, escritor e guionista lucense, Lois Pérez resultou gañador do VI Premio MarÃa Victoria Moreno de literatura xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e a editorial Cuarto de Inverno. Na selección como gañadora da obra 'Cartas na escuridade' entre as preto de 30 obras presentadas, o xurado destacou a súa reivindicación dos dereitos humanos infantÃs a nivel global e o feito de "visibilizar realidades presentes no dÃa a dÃa pero das que non se fala, facendo remover conciencias na sociedade". Ademais dunha dotación económica de 3.000 euros a obra será editada e publicada en lingua galega da man da editorial Cuarto de Inverno cara o mes de abril. Lois Pérez (Lugo, 1979) foi galardoado en 2021 co Premio AgustÃn Fernández Paz e este ano 2023 co Premio RaÃña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
Segundo sinalou o autor nunha rolda de prensa esta mañá no Concello de Pontevedra, a súa novela é unha aventura "que ten que ver co medo, coa identidade e coa imposibilidade de ser en algunhas xeografÃas do mundo actual". Pérez adiantou que 'Cartas na escuridade' trata dunha nena e un neno soldado ugandeses "que por circunstancias diversas e o tráfico de persoas, rematan ás portas do Mundial de Catar, el traballando nos estadios e ela facendo hoteis sen saber que están os dous no mesmo paÃs logo de anos sen verse. Hai un par de universitarias catarÃs, inventando unha sorte de revoltas, do recoñecemento dos dereitos das mulleres e os democráticos da cidadanÃa. Hai un francés, Oliver, fillo dun deputado corrupto que ten lazos e negocios cos xeques e finamente, hai un condutor de bus que ten tamén a encarga de desfacerse de toda esa correspondencia desta xente, que vive en barracóns, no deserto. DeberÃa queimalas pero el vai gardando cartas e entrando en contacto coas realidades de moita xente. É unha aventura, pero a pesar de que trata cousas serias, hai humor. Responde un pouco ás miñas inquedanzas. Dalgún xeito intento explicarme o mundo no que estamos vivindo", explicou o autor.