Eva Veiga gaña o premio de poesía Concello de Carral

Soño e vértice será publicado por Espiral Maior

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A poeta e xornalista Eva Veiga resultou vencedora na XVIII Edición do Certame de Poesía Concello de Carral. A súa obra Soño e vértice impúxose entre as presentadas por mor da "intensidade simbólica da súa proposta poética, unida ao cultivo extremo dunha lírica que mantén en todo momento unha tensión entre o real e o onírico" segundo argumento ou xurado. Veiga, que recollerá o premio o vindeiro 29 de maio, recibirá 2.000 euros e verá a súa obra editada por Espiral Maior.

O xurado do galardón estivo formado por Oriana Méndez, Miguel Anxo Fernán Vello e Nacho Alonso, coa Concelleira de Cultura, Isabel López Pérez de presidenta e o técnico municipal de Cultura Carlos Lorenzo Pérez como secretario.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Veiga, Poesía, Concello de Carral, Espiral Maior...