Eva Veiga leva o Fiz Vergara Vilariño

A distancia do tambor impúxose entre os 92 traballos presentados

22/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A XIII Edición do premio Fiz Vergara Vilariño de Poesía foi para Eva Veiga. A poeta e xornalista levou o galardón de 6.000 euros polo seu traballo A distancia do tambor, que se impuxo entre as 92 obras que se presentaron ao certame e que será editada por Espiral Maior. Os membros do xurado, Xerardo Quintiá, Alfredo Ferreiro e Rosa Enríquez, valoraron especialmente "o uso novidoso e minimalista da linguaxe poética a través dunha marcada e, sen embargo, contida intensidade expresiva". O premio está convocado polo Concello de Sarria e mais a agrupación cultural Ergueitos.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Veiga, Fiz Vergara Vilariño, Fiz, Xerardo Quintiá...