Librescena, Sarabela e o CDG ofrecen a súa versión dos clásicos

Versión

O teatro que se exhibe estes días en Galicia aposta por versionar os clásicos. En Ourense, Sarabela Teatro ofrece "Sexismunda", unha versión da obra de Calderón "La vida es sueño". En Vigo, Librescena presenta a un "Otelo" moi peculiar. E en Narón, o Centro Dramático Galego presentará a súa adaptación da obra de Arthur Schnitzler "A Cacatúa verde". E mentres, o concello de San Sadurniño recupera os espectáculos escénicos para nenos.

"Sexismunda" e "Otelo"



O grupo Sarabela Teatro volveu a Ourense para presentar "Sexismunda", unha adaptación feminina da obra de Calderón de La Barca, "La vida es sueño". Unha adaptación que se poderá ver no teatro principal de Ourense ata mañá xoves. E tamén versionada, a compañia Librescena presenta en Vigo unha obra do "Otelo" de Shakespeare, unha versión que pretende ser o máis fiel posible á obra orixinal. Deste xeito, Librescena pecha a triloxía de adaptación de obras clásicas que comezou coa representación de "El barbero de Sevila". A representación que terá lugar no Teatro do Centro Cultural Caixanova o sábado ás 22.30 e o domingo ás 20.30, mantén ós doce protagonistas, os monólogos e os textos da obra orixinal.


"A cacatúa verde"


Narón é a vila encargada de inaugurar o último espectáculo do Centro Dramático Galego, "A cacatúa verde". Escrita en 1898 polo Austríaco Arthur Schnitzler, "A cacatúa verde" presenta unha obra de teatro no que dentro nunha taberna se representa o asasinato do Duque cometido por Henrique por celos dentro dunha taberna na Francia que está vivindo a Revolución Francesa. Nesta montaxe dirixida por Eduardo Alonso, reflexiónase sobre a confusión entre a verdade e apariencia, entre realidade e ficción.


E máis teatro para Narón


E mentres, o concello de Narón comeza a súa campaña para promocionar o teatro entre os nenos. Unha iniciativa que conta coa colaboración da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia e a Xunta. A campaña que xorde coa finalidade de achegar o teatro ós nenos en horario escolar, para que poidan asistir de balde as diversas representacións. Un ciclo que comeza este venres coa actuación do Teatro de Aquí que porá en escea "Os Papalagui" e que trata sobre as reaccións do xefe dunha tribu que chega por primeira vez a Europa. As proxeccións continuaran o 16 de Marzo coa peza "Policía" de Ollomol Tranvía, o día 30 con Talía Teatro co espectáculo "Menos lobos", pechan o ciclo Sarabela Teatro con "Romance de Micomicón y Adelaha" e Títeres Cachirulo con "Catro contos da China".