O Centro Dramático Galego inaugura en Coruña a súa versión do Ricardo III

CDG III

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As artes escénicas anegan Galicia. Mentres hoxe en Compostela se inicia unha nova edición da feira de teatro, A Coruña terá a súa parte este venres. Será ese día cando o Centro Dramático Galego estreará “Ricardo III” a obra máis representada de Shakespeare. Unha produción que segundo o director da compañía pública, Manuel Guede, “é unha desas páxinas nas que se mide a musculatura dun teatro”. A obra comeza na cidade herculina unha xira que os levará por Narón, Santiago (onde estará case un mes), Tui, A Estrada, Vigo e Ourense. Concluída a xira galega viaxará a Madrid onde participará, entre outras citas, no Festival de Teatro Clásico de Almagro.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Centro Dramático Galego, Manuel Guede, Shakespeare...