Esta maña tivo lugar no parlamento o discurso de investidura do candidato á Xunta, Emilio Pérez Touriño. Na súa intervención fixo unha relación dos seus principais compromisos co país, entre os que está a modernización e o autogoberno. No relativo aos medios de comunicación, o futuro presidente da Xunta asegurou que se presentará unha lei para garantir a autonomía e carácter de servizo público da TVG e da Radio Galega. Para iso apuntou que o director será designado por maioría cualificada (representada por unha fracción de votos superior á necesaria para obter a maioría absoluta, como dous tercios ou tres cuartos) do Parlamento. Ademais, comprometeuse a evitar as axudas discrecionais e non regradas aos medios privados.
Consulta o discurso, minuto a minuto, en El Correo Gallego