Elección do Director Xeral por maiorÃa cualificada no Parlamento, redución do Consello Asesor de 12 a 6 membros, elexido tamén por maiorÃa de dous terzos, e mandato de 5 anos para ambas as dúas entidades; simplificación das tres sociedades (CRTVG, TVG e Radio Galega) que se converten en Corporación e coa cualificación de “medio público” con financiamento público. Estas son algunhas das caracterÃsticas da nova Lei de Medios Públicos de Galicia que se aprobou hoxe no Parlamento con 61 votos a favor e 12 en contra, pertencentes ao Bloque Nacionalista Galego que presentou 85 emendas, todas elas rexeitadas. A lei aprobouse despois dunha serie de manifestacións e unha xornada de folga convocada polos traballadores do ente que denunciaban que o texto abre a porta á privatización do ente.
O Pleno do Parlamento votaba hoxe a Lei de Medios Públicos de Galicia. Un texto que definÃa o modelo da CRTVG e das súas sociedades e que foi aprobada cos votos dos deputados populares e socialistas. A deputada nacionalista, Ana Pontón, solicitou que se votasen oito das 85 emendas por separado, algunhas como a número 9 que pedÃa explicitar que a “CRTVG non poderÃa contar con participación privada no seu capital”, que foron rexeitadas.
O deputado socialista, Lage Tuñas, e o popular, Pedro Puy, aproveitaron as súas intervencións previas á votación para destacar algúns do logros do texto. “O novo texto permite, nestes momentos nos que se cuestiona a xestión dos cargos directivos, o cesamento do director xeral por unha desviación superior ou igual ao 10% do orzamento ou por unha mala xestión que está debidamente tipificada no texto” destacou o deputado socialista. Pedro Puy quixo destacar a profesionalización dos traballadores e a redución do número de membros do Consello Asesor. Pola súa banda, Ana Pontón lembrou o ambiente no que se redactou e pactou esta lei entre Partido Popular e Partido Socialista ao citar as manifestacións dos traballadores do ente e denunciou que “con esta lei a CRTVG será o único medio público que non conte cun consello asesor que non canalice a participación da cidadanÃa na definición da programación”. Ademais, lembrou que o texto “pon en dúbida o papel que desenvolve esta entidade en prol da normalización do paÃs”.