A Xunta reorienta o seu discurso no exterior centrándose agora na emigración política

Emigración poliédrica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A colectividade galega que vive no exterior constitúe un núcleo importante desde o punto de vista económico, social, cultural pero tamén político para Galicia. Pero se durante lustros o discurso da clase política se centrou na escaseza que obrigou a moitos a emigrar, agora, a Xunta deulle unha volta ao seu discurso para destacar o exilio, empregando a metáfora da “longa noite de pedra” acuñada por Celso Emilio Ferreiro. Canda iso, a visita a México do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño deixou tamén outras novidades, como o convenio asinado coa Universidade Nacional de México para a docencia, investigación e promoción da lingua, literatura e cultura de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con México, Emilio Pérez Touriño, Celso Emilio Ferreiro, Literatura...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares