A concelleira de mocidade apoia a continuidade das xornadas de BD de Pontevedra que se celebran este fin de semana

Pontevedra apoia a BD

Pontevedra acolle até mañá unhas xornadas de banda deseñada, e a concelleira de mocidade, Margarita Castejón García, subliñou a vontade de continuidade na iniciativa. A conferencia inaugural xuntou corenta persoas, e xa pasaron un centenar polas exposicións, o que o organizador, Rafa Tenorio califica comopositivo. "A iniciativa do encontro xurdiu da área de xuventude do Concello", explica Tenorio, "e aínda que houbo pouco tempo e un orzamento limitado, estou contento de como está decorrendo". Entre outras entidades, as Xornadas contaron coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia nunha exposición e de BD Banda noutra. Hai certa intención instrutiva e pedagóxica nas charlas e mostras, cunha finalidade, en palabras de Rafa Tenorio "informativa e formativa", para mostrar o que o mundo do cómic actual está a aportar. As charlas son todos os días ás seis e media da tarde na Fundación Caixa Galicia.


Máis información sobre as Xornadas nesta noticia do Soportal BD