A Cidade do Lérez acolle unhas xornadas de Banda Deseñada que achegarán exposicións e charlas durante todo o mes de xullo

Pontevedra é BD vila

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Tres días e charlas e case un mes de mostras dedicadas á BD. Esta é a proposta que achega a Concellería de Xuventude de Pontevedra coa coordinación de Rafael Tenorio, veterano afeccionado ao xénero que organiza as Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra. O apartado de exposicións estará composto por unha selección de autores galegos que achega a Asociación BD Banda, a mostra sobre “A mansión dos Pampín” de Miguelanxo Prado e “La arquitectura y el cómic”, realizada polo Colexio Oficial de Arquitectos da Rioja. En canto ás conferencias, entre os días sete e nove de xullo, responsables da Asociación BD Banda explicarán este proxecto, Álvaro Pons, de la Cárcel de Papel falará sobre a BD como testemuño sociolóxico e Carlos Portela analizará a situación da novena arte en Galicia e en España. Todas as charlas serán ás seis e media na sede da Fundación Caixa Galicia,onde tamén se poderán ver as exposicións ata o trinta de xullo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Pontevedra, Banda deseñada, BD Banda...