O pintor García Patiño exporá por primeira vez as súas esculturas

O Patiño escultor

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O veterano pintor Antonio García Patiño pretende incluir na súa próxima exposición unha serie de esculturas. A pesar de non ter chegado aínda ó grande público esta faceta artística de Patiño xa leva anos a ser experimentada.

Inicios

As primeiras experiencias de Patiño no ámbito da escultura xurdiron logo da súa participación no deseño de diferentes pezas de cerámica de Sargadelos que logo tomaron forma de figuras. Desde entón veu practicando ocasionalmente esta arte, baseándose para as súas obras nos seus propios cadros.




Dúas ducias de pezas


O conxunto de obras que posúe o artista no seu estudio en A Coruña supera rolda as dúas ducias de esculturas en diversos estados de realización. O tamaño medio destas obras rolda os 40 centímetros, aínda que Patiño asegura que lle gustaría agrandalas na fundición, proxecto que deixa para o futuro. Aínda así, na súa vindeira exposición non se exporían máis de oito ou dez estatuas, realizadas en barro crú, barro cocido e bronce, amosando así tódolos pasos do proceso.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares