Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteNecrolóxicas
Compartir:
Debuxos do marinense Xaquín Soneira e cerámicas de Arxilarte.no Ateneo Santa Cecilia                    Foto: Ateneo Santa Cecilia FB

Debuxos do marinense Xaquín Soneira e cerámicas de Arxilarte.no Ateneo Santa Cecilia Foto: Ateneo Santa Cecilia FB

Xaquín Soneira Patiño era un referente artístico de primeira orde na súa vila de Marín. Onde morría este martes aos 66 anos de idade e era soterrado onte. A súa obra máis coñecida estaba encaixada na corrente do abstracto aínda que tamén traballaba no figurativo e a súa formación era autodidacta. Como mostra da importancia do artista na vida cultural da súa contorna formárase fai seis anos a Plataforma Xaquín Soneira Patiño a través da que outros artistas de Marín e arredores, así como veciños e amigos pretendían o recoñecemento da traxectoria de Soneira que acadara relevancia nos anos 80. A Alameda de marían acolleu a súa primeira mostra no ano 1074, mentres que o Ateneo Santa Cecilia de Marín acollía unha das súas derradeiras exposicións, de debuxos, o ano 2016. Os seus irmán Juan está tamén vencellado ao mundo da arte.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marín, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares