Reimundo Patiño chega ao MACBA de Barcelona mentres se prepara unha mostra antolóxica sobre Xaquín Marín

Orixes en exposición

Dous dos pioneiros da nosa BD, Reimundo Patiño e Xaquín Marín, están a ver recoñecido o seu traballo na forma de exposicións. A mostra “O home que falaba vegliota”, do xa falecido Patiño pódese ver ata o vindeiro vinte e cinco de maio no Museo de Arte Contemporánea de Barcelona. Mentres, Xaquín Marín anunciaba recentemente que o centro Torrente Ballester de Ferrol acollerá no vindeiro mes de setembro unha mostra na que se poderá ver unha selección de obras que este artista realizou en diversos campos ao longo dos últimos cincuenta anos.

Máis información sobre a mostra do MACBA en Vieiros; sobre “O home que falaba Vegliota” nesta noticia; sobre a mostra de Xaquín Marín en La Voz de Galicia e neste perfil biográfico