Falece Ramón Patiño, pioneiro da arqueoloxía subacuática

O vigués levou a cabo numerosas actividades relacionadas coa arqueoloxía e a investigación histórica

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquoloxíaNecrolóxicas
Compartir:

Aos 72 anos de idade falecía o pasado sábado, 28 de marzo, en Vigo, Ramón Patiño Gómez. Vigués distinguido desde 2017 polas súas facetas como arqueólogo e historiador, Patiño asinou varios ensaios sobre a historia marítima da nosa comunidade e foi pioneiro na práctica da arqueoloxía subacuática. 

Foi presidente do grupo de arqueoloxía "Alfredo García Alén", onde creou unha sección de mergullo dedicada a prospeccións subacuáticas, que levaron a cabo fundamentalmente nas Rías Baixas, achando restos de naufraxios e realizando as primeiras filmacións de campañas subacuáticas. 

Tras apartarse da arqueoloxía e o mergullo entrou no Instituto de Estudios Vigueses, desde onde asinou as súas obras de investigación histórica, tanto sobre a batalla de Rande como de outros temas relacionados coa Historia. Os medios vigueses facíanse este saábdo eco do seu falecemento e glosaban a súa traxectoria.

Que che parece esta nova?
184 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves