Inaugúrase o Museo do Mar, que contará cun centro de Arqueoloxía Subacuática

Chega o mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Museo do Mar abre hoxe as súas portas despois de catorce anos de iniciarse a súa construcción. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, foron os encargados de inaugurar esta mañá o complexo dedicado á cultura marítima. O centro abre as súas portas cunha exposición permanente (dedicado á historia marítima de Galicia e aos fundamentos da oceanografía mundial e que conta cun acuario que reproduce os hábitats mariños da ría de Vigo). No 2008, a oferta do museo completarase con exhibicións temporais sobre a captura do bacallau (titulada "Onde o mundo se chama Terranova"), outra sobre o mar na arte contemporánea e unha última sobre o mundo da pesca. Ademais, no propio complexo crearase o Centro de Arqueoloxía Subacuática para a investigación e protección do patrimonio cultural mergullado.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Ánxela Bugallo, Culturagalega, Ría de Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos