A exposición permanente do Museo do Mar abrirá as súas portas o 21 de decembro

Un mar con 21 nós

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O museo do Mar xa ten data definitiva para a súa apertura. Será o vindeiro 21 de decembro e, o que é máis importante, xa se coñecen algúns dos contidos que terá este complexo que comezou a construírse hai catorce anos. O centro contará cunha colección permanente de máis de catrocentas pezas que servirá para reproducir diferentes ecosistemas mariños. Ademais, o Museo contará cun Centro de Arqueoloxíca Subacuática que empezará a construírse en breve. A orientación definiuna a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ao tempo que anunciou as exposicións temporais para o 2008.

Máis información no web da Consellaría de Cultura, en El País, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Exposicións, El País, Culturagalega...