O BNG calcula que as obras da Cidade da Cultura custarán 500 millóns de euros

Auditar Gaiás

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A comisión de investigación parlamentara realizou onte a primeira visita ao complexo do Monte Gaiás desde que se puxeran a traballar en aclarar o desfase económico da súa construción. Malia a que o orzamento inicial era de 133 millóns de euros, o BNG cuantifica en 500 o orzamento final, do que xa están comprometidos case 400. Esta comisión tratará de aclarar cara a onde se desviaron e a que se destinaron esas cantidades económicas dun complexo que, segundo un informe do Concello de Santiago, terá un coste de mantemento anual de 48 millóns de euros.

Máis información en La Voz de Galicia, en El País, El Correo Gallego e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Gaiás, El País, El Correo Gallego...