A comisión do Gaiás remite á fiscalía as actuacións de Pérez Varela na Cidade da Cultura

Fiscalizar a cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Falta de transparencia”, “ausencia de xustificación”, “indefinición do proxecto” e “desviación do custe”. Estas son algunhas das afirmacións que contén o borrador das conclusións sobre a Cidade da Cultura feita pola comisión de investigación do Parlamento. E tamén a base que remitirá á Fiscalía solicitando unha actuación contra o anterior Conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, ao asegurar que existen indicios delictivos na súa actuación na xestión do proxecto. Ao tempo, o ministro de Cultura, César Antonio Molina, asegurou na súa visita a Galicia, que “colaborará en todo o que se nos demande, sobre todo nos contidos”. Malia que non precisou máis, o director xeral de Cooperación Cultural, Carlos Alberdi, confirmou que o financiamento estatal reducirase a un dos edificios que se dedicará a promover o diálogo cultural entre Europa e Iberoamérica.

Máis información en El País, en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Gaiás, César Antonio Molina, PSOE...