O vindeiro 27 de decembro, o Parlamento celebrará un pleno no que se presentará, para a súa aprobación, o dictame sobre a Cidade da Cultura que elaborou a comisión de investigación. Un informe que fala de “falta de transparencia”, “ausencia de xustificación”, “indefinición do proxecto” e “desviación do custe” e que solicita que se envÃe á fiscalÃa para a súa posible investigación. O documento tamén recomenda regular as atribucións dos gobernos en funcións para que non se repitan casos como o sucedido no Gaiás, cando se adxudicaron dous edificios despois das eleccións de 2005. Ademais, Roberto Verino inaugurou en Ourense unha exposición que repasa os seus 25 anos no mundo da moda e que aspira a que teña un espazo na Cidade da Cultura.
Máis información en Galicia Hoxe sobre a aprobación do dictame, e sobre Roberto Verino; máis sobre a Cidade da Cultura na nosa hemeroteca