Ánxela Bugallo solicita a súa comparecencia no Parlamento para detallar o futuro do Monte Gaiás

Bugallo, Parlamento e a Cultura

5/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
29 lecturas | Compartido 0 veces
Ánxela Bugallo, a conselleira de Cultura, acudirá ao Parlamento para detallar os usos e os contidos da Cidade da Cultura antes de que remate o ano. Unha comparecencia solicitada pola propia conselleira que porá fin ao proceso de deliberación e reflexión levado a cabo por este departamento e que sentará a liña a seguir de cara o futuro. Cómpre lembrar que a Consellaría de Cultura destinará o vindeiro ano preto do 30% do seu orzamento (47 millóns de euros) ao complexo do Monte Gaiás.

Máis información en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca o orzamento para o 2007 e sobre a redefinición dos usos


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares