A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo compareceu perante a Comisión Terceira do Parlamento para presentar os seus orzamentos de cara ao vindeiro ano. Dos 175 millóns que ten este departamento, preto de 50 (28%) irán a parar á Cidade da Cultura. É a cifra máis avultada, trala que se atopan o gasto destinado á promoción da actividade deportiva (38.25 millóns), ao fomento de actividades culturais (35.37 millóns)e aos programas de bibliotecas e arquivos (11.5 millóns). O anunciado cambio da lei do IGAEM tamén se deixar notar no orzamento deste departamento que contará con 8.2 millóns, mentres o plan de execución doutra lei, a o libro e a lectura dispón de 4.12 millóns.
Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe e no web da consellaría