Antón Patiño inaugura no Museo do Mar a exposición "Océano"

A mostra estará aberta ata o 30 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O artista monfortino Antón Patiño inaugurou no Museo do Mar de Vigo a exposición "Océano", que reúne doce pezas de gran formato nas que o pintor "trata de plasmar no lenzo o amplo abano de sensacións que provoca o mar, como a soidade, o sopor, o medo ou a liberdade", sinalan desde a Consellería de Cultura. As catástrofes ecolóxicas dos últimos anos, coma o Casón, o Mar Exeo ou o Prestige, que rematan nunha instalación audiovisual, os fogos de san Telmo, os solpores, a transparencia do mar ou os xogos da cor no basalto da Furna de Fingal, en Staffa (Escocia) son algúns dos temas tratados. A exposición pódese visitar ata o 30 de novembro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Patiño, Prestige, Consellería de Cultura, Escocia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares