Fotos, vÃdeos e instalacións compoñen a exposición After the whale, coa que o artista Manuel Vilariño propón unha mostra distinta ao habitual. Nas salas de exhibición do Museo de Belas Artes da Coruña, intercaladas ou ao carón das obras de arte da colección permanente, Vilariño introduce as súas propias obras. "O artista interrógase sobre a natureza da fotografÃa e a súa presenza nun museo de belas artes, revisando a hexemonÃa da arte occidental poñendo como contrapunto obras de arte oriental e africana, a través e música, escultura e poesÃa", sinalan na nota de prensa do museo. A obra presenta 51 pezas nas que se poden recoñecer os grandes temas do traballo de Vilariño, "unha poética lectura sobre a vida e a morte, dous dos seus temas máis recorrentes, cos que personifica seres e elementos da natureza salvaxe". A mostra de Vilariño está comisariada por Fernando Castro Flórez e estará dispoñible ata novembro do 2022.
Manuel Vilariño explica o proxecto
Manuel Vilariño explica o proxecto