O fotógrafo Manuel Vilariño amosa vinte das súas fotografÃas, producidas desde os anos 80, en Rizoma, unha nova mostra que xa se pode visitar na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Comisariada por José Luis Estévez, a exposición "trata de amosar a Ãntima relación entre a natureza e o universo creativo do fotógrafo, especialmente co territorio fÃsico ao que o artista está máis vinculado, o bosque atlántico. A árbore, o animal, a montaña, o océano son referentes imprescindibles na obra de Vilariño, tanto plástica como poeticamente, e a súa presenza é constante na súa produción", segundo sinala Estévez. A mostra permite apreciar o traballo do artista en relación á natureza pero tamén as diferentes técnicas de reprodución das fotografÃas que empregou ao longo do tempo.