Manuel Vilariño expón as súas fotografías en París

Galería: Mostra de Manuel Vilariño en París

13/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O instituto Cervantes de París acolle, ata o vindeiro nove de xaneiro a exposición Onde as ausencias abren as súas ás, que recolle trece traballos do fotógrafo galego Manuel Vilariño. As obras, que amosan o interese do artista pola paisaxe, a morte e o sagrado, están recollidas nun catálogo en tres linguas que o Cervantes publicou para a ocasión. Vilariño foi galardoado co Premio Nacional de Fotografía do Ministerio de Cultura en 2007.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vilariño, Fotografía, Cervantes, Galería...