O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) inauguraba este 17 de setembro a súa nova proposta expositiva. O centro acolle ata o vindeiro 31 de xaneiro Seda de cabalo, a maior exposición retrospectiva sobre o fotógrafo galego Manuel Vilariño desenvolvida ata o momento. A mostra, que produciu o Ministerio de Cultura en 2013, visitou xa Madrid, Álava, Avilés e Barcelona, e achega unha selección de obras do que foi Premio Nacional de Fotografía 2007. Fotografías, instalacións, vídeos, e exemplos da súa produción poética atópanse nas salas do museo vigués baixo o comisariado de Fernando Castro Flórez.
Segundo explica a presentación da mostra, "máis que unha retrospectiva ao uso, está concibida como reflexo dos aspectos máis sobresaíntes da súa traxectoria e da súa estética, sempre marcada por un fondo poético e pola demanda dunha actitude contemplativa. Atendendo a unha orde máis formal e conceptual que cronolóxica, a selección de obras e a súa disposición en salas responde á vontade de manter esa continuidade poética, temática e ambiental que dá sentido ao percorrido e a toda a obra de Manuel Vilariño no seu conxunto".