Segundo explica o encontro, "Canaval xunta a necesidade de participar activamente en cada un dos pasos que a configuran e a expectación fronte ao comportamento de cada un dos materiais elixidos, tanto en conxunto como por separado. Neste aspecto, ao coidado posto na realización das fendas no bambú, únese a introdución desas pequenas moedas e a dúbida que se prolonga ata que esa unión ten lugar. O mesmo acontece coas fotografÃas e o granito, que falan neste caso do circundante, da propia arquitectura do museo e do que está do outro lado das súas paredes. A
unión supón, en ambos os dous casos, non só o achegamento entre dous materiais cuxa relación é para el un interrogante, senón o papel que os tempos de cada acción operan tamén en todo este proceso".