Belas Artes da Coruña recibe o "Paraíso fragmentado" de Manuel Vilariño

Será punto de partida da colección fotográfica "representativa" do museo

30/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O paraíso fragmentado. Foto: Manuel Vilariño

"O paraíso fragmentado" é unha fotografía de dimensións monumentais, das máis características do fotógrafo Manuel Vilariño. O artista cedeuna en depósito ao Museo de Belas Artes da Coruña. Segundo Anxo Lorenzo, a presenza do artista na colección supón “un aval definitivo á incipiente sección de fotografía dentro da valiosa colección do Museo de Belas Artes da Coruña, máxime cunha peza como a que aquí é obxecto de depósito”. Nese sentido, anunciou que o museo apostar por incorporar á colección unha selección de fotografía que poida contar coas obras dos principais representantes desta especialidade en Galicia. “A obra depositada por Vilariño preséntase como “un inmellorable punto de partida para a creación desta sección”, explicou.

ese sentido, anunciou que o museo apostar por incorporar á colección unha selección de fotografía que poida contar coas obras dos principais representantes desta especialidade en Galicia.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Fotografía, Manuel Vilariño, Museo de Belas Artes da Coruña...