O Museo de Belas Artes presentaba onte na súa sede da Coruña as 39 novas pezas que incorpora á súa colección permanente. Fondos adquiridos a centros como o Museo do Prado, o Raíña Sofía, o Círculo de Belas Artes de Madrid ou préstamos de particulares conforman as novidades. Entre estas destacan dúas cerámicas de Picasso canda a pezas de Urbano Lugrís, Julia Minguillón, Lago Ribera, Xaime Quesada, Juan Luis López, Isaac Díaz Pardo, Elena Gago, Manuel Molezún, Alberto Datas, Román Navarro ou Isidoro Brocos. As 23 obras de Fernández Álvarez de Sotomayor que cedeu o Prado compoñen o groso das incorporacións.
Canda ás modificacións expositivas ás que obrigaron os novos fondos, o centro estreou onte tamén unha nova sala na que se exporá unha colección de numismática na que se poderán ver moedas desde a Idade Antiga ata a Idade Moderna. O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e mais a directora do Museo, Ángeles Penas, participaron na presentación dos novos fondos.