Crónica dunha rebeldía

Unha exposición revisa a adolescencia creativa de Antón Patiño

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
 “Autorretrato”. (1977) Fotografía branco e negro e rotuladores de cor, 18x24 cm.

“Autorretrato”. (1977) Fotografía branco e negro e rotuladores de cor, 18x24 cm.

A mostra Animais, minerais, vexetais e a publicación do libro de cómic Esquizoide (ambos en 16978) son os dous puntos de partida que o comisario Seve Penelas toma como referencia para a exposición 1974-1979. Crónica do artista adolescente. Un percorrido polo lustro que definiu a Antón Patiño e co que pretende reflectir a época, o contexto e os acontecementos que marcaron o devalar creativo deste recoñecido pintor. A exposición, que pecha esta semana as súas portas na Casa das Artes de Vigo, emprega preto de duascentas obras para adentrase nos inicios dunha actitude estética e ética dun dos valores máis recoñecidos da plástica galega.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Patiño, Cómic, Casa das Artes, Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares