Todos os areais galegos agás un (a praia da Concha en Cee) son aptos para o baño. É o principal dato do informe que emite anualmente a Comisión Europea cos datos que lle remite o Goberno e que presentou onte. Xa polo miúdo, o documento revela que das 407 praias, 341 están consideradas de moi boa calidade e 65 como boa; ademais, o informe asegura que houbo unha mellora nas praias das RÃas Baixas e un leve empeoramento na das RÃas Altas. As Asociacións Ecoloxistas contestáronlle a este informe advertindo que os parámetros e os baremos empregados pola Unión Europea son pouco esixentes. Polo demais, o concello de Cee no que está a praia da Concha xa anunciou a realización dunha análise para comprobar a calidade das augas.
Máis información en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e sobre os parámetros para a certificación neste web do Ministerio de Sanidade