Seis bandeiras menos ondearán nas praias galegas este verán

Praias de bandeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A praia Maior de Malpica, Caión na Laracha ou Barrañán en Arteixo son algunhas das praias que perden o distintivo de bandeira azul. Un galardón á calidade ambiental que concede a Fundación para a Educación Ambiental de Europa co patrocinio da Comisión Europea. Pero hai outras praias que acadan este ano o galardón como Arganzada en Vigo, Areoura en Foz ou Menduíña en Cangas co que, en total 57 praias lucirán o emblema azul este verán. O ano pasado, segundo a web da Fundación foron premiadas 63 praias, co que este ano haberá seis menos. A presencia de vertidos do Prestige foi unha das principais características pola que moitas praias perderon as súas bandeiras.

Consulta a listaxe do ano anterior en culturagalega.org e no web da Bandeira Azul e o deste ano en La Opinión e en Vieiros

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Culturagalega, Prestige, Educación...