Os concellos de Ferrol, Vilagarcía e o Grove recorren a denegación de Bandeira Azul

Méritos azuis

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Onte dábanse a coñecer o número de praias que foran seleccionadas con Bandeira Azul, aínda que a listaxe oficial non se coñecerá ata mañá. Pero os concellos que saben que lles retiraron o galardón xa amosaron que recorrerán a denegación. Son o de Vilagarcía, o do Grove e o de Ferrol polas praias de A Concha-Compostela, Area da Cruz e San Xurxo respectivamente. Os tres concellos alegan o bo estado das súas praias ao tempo que xa pediron explicacións á Fundación para a Educación Ambiental de Europa, que é a entidade que concede as bandeiras.

Máis información no Faro de Vigo e no Diario de Ferrol sobre as protestas dos concellos e en culturagalega.org na nova sobre o descenso no número de bandeiras

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, Grove, Culturagalega, Arousa...