A entrada de chapapote fai perigar as bandeiras azuis de Riazor e do Orzán

Fidelidade á bandeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Onte informabamos da retirada temporal das bandeiras azuis de 14 areais galegos, pero hoxe a prensa alerta que poden ser máis. O xornal "La Opinión" asegura que as praias de Riazor e do Orzán perigan. Pero non só esas, 32 praias da Coruña e Lugo volven mancharse de fuel, así como o Parque Nacional das Illas Atlánticas. E mentres a preocupación entre os hostaleiros e os bañistas aumenta, as administracións centrais e autonómicas coinciden ao afirmar que a retirada das bandeiras non indican que os areais estean en mal estado.

Máis información sobre a retirada das bandeiras das praias galegas en culturagalega.org; sobre as do Orzán e Riazor en La Opinión

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Riazor, La Opinión, Culturagalega, Chapapote...