Galicia supera á media española en protección ambiental cun 12% do territorio

Unha porcentaxe protexida

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A porcentaxe de espazos protexidos medra en Galicia máis que no resto de comunidades do Estado. Pero as cifras non son para dar saltos de alegría porque só o 11.82% da superficie galega ten algún tipo de protección. Son datos dun informe encargado pola Fundación BBVA que explica que o aumento de espazo protexido se debe á inclusión de zonas na Rede Natura. Ademais, segundo publica “La Voz de Galicia”, a Comisión Europea ameazou con expedientar ao Estado por eliminar máis de 300 praias (das que 77 son galegas) das zonas aptas para o baño, así como por incumprir a lexislación vixente en canto á calidade das augas.

Máis información sobre a superficie de espazos protexidos en La Voz de Galicia, La Opinión e sobre a advertencia da Comisión Europea en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Comisión Europea, Rede Natura, La Opinión...