Galicia ten menos superficie protexida que o resto do estado

Espazos protexidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O 2.08% do territorio de Galicia ten algún réxime de protección do medio, é dicir, son Parque Nacional, Parque Natural, Reserva Natural, Monumento Natural ou Paisaxe protexido. Son as categorías que analizou o Anuario Europarc no que traballan todas as administracións públicas co patrocinio do BBVA. Unha porcentaxe que, segundo publica hoxe La Voz de Galicia, é moi inferior á media estatal que ten un 9.10%. Ese mesmo informe denuncia que o 45.63% non teñen un plan de xestión aprobado, unha situación na que Galicia está máis regulada. Aínda que o Parque Nacional das Illas Atlánticas non ten un Plan Rector de Uso e Xestión os seis parques naturais aprobados si teñen un plan en marcha.

Máis información en La Voz de Galicia e no web Europarc

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Paisaxe, Medios de comunicación