A praia de Figueiras na CÃes, a de Pescadoira en Bueu, a de Laño en Poio e a da Concha en VilagarcÃa, asà coma o rÃo Tea ao seu paso por Ponteareas son zonas non aptas para o baño segundo o informe que acaba de facer público a Unión Europea. Ademais, outras sete zonas de baño galegas non son recomendadas pola ausencia de datos sobre elas. Esta é a peor valoración que teñen recibido as nosas praias desde organismos comunitarios. A Comisión Europea denunciou ademais que no informe que lle remitiu o Estado Español faltan datos sobre vinte e dúas praias galegas, precisamente aquelas situadas nas zonas máis afectadas polo vertido do Prestige.
Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe