A académica Aurora Vidal falece en Pontevedra con 94 anos

Despedidas á aurora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A escritora e membro correspondente da Real Academia Galega, Aurora Vidal, finou onte en Pontevedra con 94 anos. Dedicou a maior parte da súa vida ao ensino, xa que foi mestra entre Galicia e Canarias. Na súa faceta de escritora ten publicado libros de poesía, narrativa e teatro tanto en galego como en castelán. Aurora, irmá do tamén escritor Xan Vidal, entrou na RAG no ano 1952 como membro correspondente. O seu enterro tivo lugar esta mañá ás once no cemiterio de San Mauro.

Máis información na edición de hoxe no Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Poesía, Teatro, Diario de Pontevedra...