Fina aos 97 anos a escritora ourensá Dora Vázquez

A Deputación concedía o premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil co nome das irmáns

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Foi unha muller de letras. Xunto coa súa irmá (a xa finada Pura) Dora Vázquez dedicou boa parte da súa vida ao mundo literario escribindo libros de poesía e novelas, así como colaboracións nos xornais La Noche ou Vida Gallega. A escritora morreu onte na cidade das Burgas aos 97 anos de idade e os seus restos mortais recibirán sepultura o sábado 25 no cemiterio de San Francisco. O traballo das irmáns Vázquez a prol da literatura foi recoñecido pola Deputación ourensá ao concederlle os seus nomes ao Premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil que concede anualmente.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Poesía, Literatura, Cidade das Burgas...