Apenas pasaron 12 dÃas desque neste mesmo medio demos a coñecer que o escritor e historiador Xoán Bernárdez Vilar (MarÃn, 1936) doaba parte da súa biblioteca á fundación Plácido Castro e hoxe temos que comunicar o seu pasamento. A Real Academia Galega difundiu a triste nova expresando o seu pesar pola perda do quen desde 2003 formaba parte dela como membro correspondente. Bernárdez Vilar faleceu esta noite en Vigo, onde residÃa dende 1952. Como lembra a RAG, o escritor e historiador colaborou no programa de radio RaÃz e Tempo (1965-1975), o primeiro en galego emitido dende Galicia tras a guerra civil, e desenvolveu unha vizosa carreira como autor de novelas e ensaios sobre diversos temas históricos que mereceron numerosos galardóns.
Como escritor cultivou unha narrativa de carácter histórico con tÃtulos como 'Un home de Vilameán. AnatomÃa da Revolución Irmandiña' (1975), distinguido co premio do Padroado da Cultura Galega de Montevideo; '!Ouveade, naves de Tarish¡' (1983); 'Vento do Norte, vento do Sul' (1985), 'No ano do Cometa' (1986), gañador do Premio Xerais; !Xerusalén, Xerusalén! (1992); e 'Big-Bang' (1993) ou 'A Saga da illa sen noite' (2001), ambos os tÃtulos recoñecidos co Premio Concello de Vilalba. Como historiador publicou, entre outros traballos, 'Pescudas nas orixes do mito de Tristán e Iseu' (1986); 'Antes da invención de América. Navegacións precolombinas do século XV' (2001), 'A arte ó servicio do poder. vidas paralelas Alexandre-Augusto' (2001); 'A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile' (2002), tÃtulo gañador do Premio Taboada Chivite do Concello de VerÃn; 'O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma' (2003), galardoado co Premio de Historia Medieval da editorial Toxosoutos; 'O rei Artur. Mito e realidade' (2005), finalista no Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, e 'O extraordinario mundo da “Ora Maritima”' (2013). Como tradutor foi recoñecido co Premio Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela no 2004 pola tradución de 'Idacio Lémico: Chronica' (379-469); e co Premio de tradución da Universidade de Vigo no 2004 por 'Chronica Hermerici'.