Promover a lingua e a literatura galega entre os máis novos a través da lectura. Este é un dos obxectivos cos que en 1989 naceu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuveni (GALIX) e que acaba de renovar na súa asemblea bianual. Unha xuntanza que puxo de manifesto os cambios e as novidades para o vindeiro curso escolar desta Asociación: 2001-2003. Unha temporada que contará cunha única incorporación: a escritora Fina Casalderrey.
Cambios e obxectivos
O novo curso da Gálix comeza cunha continuidade e unha incorporación. Continúa no cargo por dous anos máis a actual presidenta Ana Roig e unha nova incorporación, a de Fina Casalderrey en substitución de Miguel Vázquez Freire que ocupaba un cargo como vocal. Nesta xuntanza tamén se aprobou o informe económico e o de actividades.
Ademais, determinaronse as liñas de actuación da Gálix para o próximo bienio que se centrarán no seu obxectivo fundacional: promover a lectura entre os máis novos. E por iso elaborarán unha enquisa da Organización Española do Libro Infantil, que lles ofrecerá os resultados para elaborar unha campaña de animación á lectura propia. Outra das medidas será a elaboración de grupos de traballo entre os socios das distintas localidades de Galicia.
Polo demais, outra das actividades previstas é arealización do "Congreso Hispano-Luso de Literatura Infantil e Xuvenil: narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxÃas", que está elaborado por Oepli, a Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil, e Applis, A sección portuguesa do IBBY.
Novas publicacións
Para o novo curso escolar a Gálix conta con dúas novas publicacións. Por unha banda está "Gálix: Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil 2000" que compendia todas as actividades realizadas na asociación ó longo do ano, asà como a publicación editada nun informe de prensa sobre os diversos premios convocados pola asociación.
Xunto a este libro, a asociación publicará tamén "A nosa literatura infantil e xuvenil 1999", que recolle as obras deste tipo de literatura que forn publicadas en galego durante o ano 1999.