Un curso de formación lectora aborda o aproveitamento do audiovisual como vehículo para animar a ler aos máis novos

Desde a imaxe á letra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O vindeiro día dez remata o prazo para a inscrición no curso de formación continua “As literaturas infantís ibéricas. A súa influencia na formación lectora”, que se desenvolverá a partir do día 20 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación da USC. O curso está organizado pola Biblioteca Nova 33 a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e está avaliado pola Universidade de Santiago para a homologación dos seus contidos científicos. Esta edición do curso estará centrada no tema específico “Cinema e literatura infantil e xuvenil” baixo a dirección de Pedro Lucas, director da Biblioteca Nova 33, e de Blanca-Ana Roig, catedrática da USC. No programa está prevista a intervención dos escritores Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas, Suso de Toro e Xavier P. Docampo.

Máis información en GÁLIX

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, USC, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro...