Especialistas portugueses, franceses e galegos revisan os clásicos infantís e xuvenís no Porto

Encontro no Porto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Biblioteca Municipal Almeida Garrett do Porto acolle ata o venres os décimo primeiros encontros luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil, unha edición co título “Clásicos: tradición e actualidade”. A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, participa na organización deste evento que tamén conta co apoio da Consellaría de Cultura, a Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais. Dentro do diverso programa de intervencións, xunto a lusos e franceses, están presentes investigadores do Centro Ramón Piñeiro e da Universidade de Santiago, así como o escritor Miguel Vázquez Freire. Está prevista tamén a presentación do libro “Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote nas literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico” (Ed. Xerais), de Ana Blanca Roig e António Gomes.

Máis información no Instituto Português do Livro e das Bibliotecas

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito